Ficha artística

Dramaturxia e codirección:
Constance Hurlé
Autoría do texto:
Constance Hurlé
Coreografía e codirección:
Diego Buceta
Elenco:
Constance Hurlé
Diego Buceta
Eva Comesaña
Deseño do espazo escénico:
Constance Hurlé
Asesoramento escenográfico:
As dúas e punto
Iluminación:
As dúas e punto
Espazo sonoro:
Iago Marta
Videocreación:
Sol Álvarez
Intérprete na videocreación:
Olga Cameselle
Deseño gráfico e web:
Marta Villar Cruces
Penélope

teaser

Play Video

Sinopse

Penélope é unha peza de danzateatro contemporáneo que busca un achegamento escénico á teoría psicolóxica do apego. Xorde da necesidade, cada vez máis presente na nosa sociedade, de comprender o establecemento e desenvolvemento dos vínculos afectivos que establecen os seres humanos para a supervivencia.

O formato é o dunha peza de danzateatro que comeza coma se dunha conferencia se tratase, pretendendo achegar ao auditorio os conceptos desta teoría psicolóxica a través das artes do movemento e da performance.