Ficha artística

Direción
Constance Hurlé
Asistencia de direción
Diana Longa
Asistencia coreográfica
Ana Beatriz Pérez – Betty
Espazo sonoro
Iria San Marcial
Espazo escénico
Hurlé prods
Audiovisual
Gravidade 0.0
Candela Balboa
Dramaturxia
Diana Longa, Constance Hurlé
Elenco
Alba Ansede
Isolda Comesaña
Constance Hurlé
Iria Sanmarcial
María de Vicente
Iluminación
Amelia Poyato
Produción
Hurlé prods.
Distribución
Sara Santamaría
Disciplina
Artes performativas e do movemento
Duración
75 – 90 minutos
Público
+ 16 anos

Necesidades técnicas

Espazo para colgar a cortina
Proxector
Equipo de son
Duración
12 minutos

Sinopse

Virxinia, unha muller espida é unha proposta escénica interdisciplinar e festiva que combina teatro cómico, baile swing , música e danza contemporánea. Concebido como un espectáculo dinámico e de gran conexión co espectador, aborda desde o humor e a complicidade temas de máxima actualidade social como a presión estética, o consumismo, os estereotipos de beleza e o edadismo.
Cunha posta en escena desenfadada e accesible para públicos diversos, a obra transforma o patio de butacas nunha celebración do empoderamento feminino e a liberdade persoal. A función culmina cun karaoke participativo a modo de actividade de mediación directa co público, garantindo unha experiencia comunitaria inesquecible que involucra activamente a cidadanía.