Ficha artística

Dirección e dramaturxia
Constance Hurlé
Colaboración na dirección
María Llanderas
Interpretación
Constance Hurlé
Coreógrafa e bailarina
Clara Ferrao
Intérprete musical
Esperanza Mara
Dirección do espazo sonoro
Rui Grenha
Iluminación e escenografía
Violeta Martínez
Vestiario
La Canalla
Vídeo creación
Sol Álvarez
Colaboración
AGADIC
Lume do Carozo
Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Concello de Rianxo
LARA HIERRO

teaser

Play Video

Sinopse

Lara Hierro é un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial que representan as tres partes de alegoría que é Lara Hierro: Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.

LARA HIERRO

trailer

Play Video