BIO
Licenciada en filoloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada no Máster en Investigación en Estudos do Teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona.
No plano teórico, participou e asistiu a congresos de artes escénicas de forma activa e formou parte do Congreso Internacional para Jóvenes Investigadores de Estudios del Teatro, no ano 2018. Ten unha liña de investigación teórico-práctica que parte da premisa do teatro danza como ferramenta para o autocoñecemento.
Comeza dende moi pequena facendo teatro e pasará ao longo da súa vida por diferentes disciplinas e escolas de artes escénicas e danza, destacando a Escuela Integral del Creador Escénico Vladimir Tzekov en Granada e A Artística Vigo con Olga Cameselle. Formouse de xeito alternativo e asistiu a diversos festivais de danza coma o Herdanza en Santiago de Compostela (2017), ou obradoiros monográficos con persoas tales como Janusz Subicz en Barcelona (2016). Participou na escenificación da peza Dancers de Sonia Gómez, no Festival Corpo a Terra en Ourense (2017), alén de asistir as aulas de danza do festival. Está constantemente formándose en disciplinas do movemento.
Colaborou coma bailarina no videoclip Palmira de Fixe trío (2023), Charleston dos Alley Stompers (2016) así como protragonista no videoclip do “single” Doce Badaladas, do grupo Alêm (2021), ademáis da súa participación como modelo na mostra de fotografía What do you see? de Erdie J.(2015).
No plano sociopolítico, maniféstase a través da arte colaborando con diversos proxectos, entre os que destaca o seu paso polo grupo de acción As ghatas salvaxes e o Colectivo Espazo Corpo.
Iníciase no microteatro cunha micro peza chamada No derradeiro minuto (Santiago de Compostela, 2010) a que lle seguirá o monólogo dramático El día después (Granada, 2014). No ano 2012, recibe unha axuda da USC para a produción de Nefelococigia: a cidade das nubes e dos cucos (Santiago, 2012) dentro do marco do teatro universitario.
O seu primeiro proxecto poético musical é A mazá de Rosalía (Vigo, 2016) có guitarrista David Jácome. Traballou con Rui Grenha nos dous concertos poéticos “bic in progre[s]” (Barcelona, 2017), no cal colaborou o contrabaixista Alexandre Touceda, e hacialaluz (Vigo, 2019), coa publicación de sendos poemarios e a gravación dun disco no que contou coa colaboración de Rubén Fernández (voz), Ricardo Díaz (contrabaixo), Javier Pereiro “Gdjazz” (trompeta) e Xis Trío.
Fai literatura coma medio de expresión das emocións e crítica social. Conxuga poesía e escena navegando polos xéneros híbridos, con performances como Poesía performativa (Vigo, 2017), Vísceras Poéticas (Mandín, 2021) ou Volátil (Cariño, 2022). Está a traballar nunha nova peza de formato micro con videocreación, Miña pequena, seleccionada para o V Festival Pezas dun Teatro do Porvir (2022), que leva á escena o microrrelato Manaus.
Recentemente foi premiada coa peza de microteatro danza Monólogo para corpo en movemento no Festival FIOT (Carballo, 2020), polo seu microrrelato Manaus no concurso de relatos contra a violencia de xénero (Ribadavia, 2020) e polo seu poema caligráfico Bromio no I certame de Caligramas Constanza de Castro (Cospeito, 2021). Agora mesmo está a punto de ser publicada a súa primeira novela: Sem grana e sem frescura que foi escrita na meirande parte ao amparo das residenias literarias de Zona C 2022 organizadas polo Auditorio de Galicia do Concello de Compostela. Autora dos poemarios b/i/c/m.o.r.d.i.d.o (2017, Ed. Carena) e Hacia la luz: poesía, sonido, imagen (2019, Ed. La Fábrica de libros), e DSM o Disfraz de tigre (2022, Ed. La Fábrica de libros), alén dun fanzine autoeditado chamado Un fanzine poético.
Participou en festivais de poesía como o Keruac (2018) ou o Festival Nun Local (2018) con intervencións poéticas, alén de diversos eventos como slams, recitais, jams de improvisación vocal, etc. Formou parte do proxecto Sinerxias: Performance colectiva de improvisación artística.
Foi subvencionada pola AGADIC no ano 2021 para a produción da obra de teatro contemporáneo Lara Hierro (Rianxo, 2022), na que é autora, directora, produtora e intérprete. Neste ano, 2023, recibe unha nova axuda da AGADIC para a súa próxima peza de teatro danza: Penélope: destecendo o vínculo.