Ficha artística

Texto e interpretación
Constance Hurlé
Espazo sonoro
Diana Longa
Foto e vídeo
Gravidade 0.0
Agradecementos
Fran Sieira
David Jácome
Dirección e dramaturxia
Diana Longa
Asesoría de movemento
Olga Cameselle
Produción e distribución
Hurlé prods

Necesidades técnicas

– 4 focos de chan (tomasitos, leds)
– equipo de son

Para exterior:
– Linóleo 4x4m
– Micro de diadema

Duración
22 minutos

Sinopse

Miña pequena é un espectaćulo breve de artes do movemento para espazo non convencional que adapta o relato Manaus, de Constance Hurlé, gañador do 1º Premio de microrrelatos contra a violencia de xénero do Concello de Ribadavia no ano 2020. Neste explóranse, dende a poesía, a danza e o son, as conexións entre psique, corpo e violencia. A actriz adéntranos nunha íntima confesión onde quedan expostas a crudeza do abuso e a fraxilidade do corpo aldraxado a través da metáfora e a dureza do relato directo. A peza convida á reflexión sobre a cotidianeidade da violencia e como esta deixa pegada no corpo, transformándoo e atravesándoo.

En escena vemos á intérprete Constance acompañada pola composición sonora en directo de Diana Longa.

MIÑA PEQUENA

teaser

Play Video