Peza de formato curto onde a poesía válese da linguaxe do corpo para desenvolver unha performance onde se cuestiona a auto percepción do individuo “muller” reconstruida dende e por causa do ollo externo. Unha loita do interno cara fora, un diálogo de deconstrucción, destrucción, aceptación e rebeldía. Un intento de aceptar a pregunta sen resposta “Que é e como é “muller”?
Tómase como referentes á artista Yolanda Domínguez e ao colectivo W.I.T.C.H.
ENTRADA INVERSA