Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Lara Hierro

28 Outubro, 2022 | 9:00 p.m. - 10:00 p.m.

SINOPSE:
Lara Hierro é un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial que representan as tres partes de alegoría que é Lara Hierro: Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.

FICHA ARTÍSTICA:
Direción e dramaturxia: Constance Hurlé
Asistente de direción: María Llanderas
Interpretación: Constance Hurlé
Coreógrafa e bailarina: Clara Ferrao
Intérprete musical: Esperanza Mara
Direción do espazo sonoro: Rui Grenha
Iluminación e escenografía: Violeta Martínez
Vestiario: La Canalla
Vídeo creación: Sol Álvarez
Colaboración: AGADIC, Lume do Carozo, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Concello de Rianxo

Detalles

Data:
28 Outubro, 2022
Hora:
9:00 p.m. - 10:00 p.m.

Recinto

Auditorio Municipal Burela
Burela, + Google Map