
- Este evento pasou.
Jam poética na Kominsky
31 Xullo, 2022 | 9:00 p.m. - 10:30 p.m.
4€
O último domingo de cada mes, na Sala Kominsky poderedes asistir a unha jam poética na cal hai unha apertura a mans dalgún artista convidado, seguida dun micro aberto onde os asistentes poderán subir ao escenario a ler os seus textos, improvisar ou divertirse a través da palabra. Estas jams están dinamizadas pola artista local Constance Hurlé que, nesta ocasión, convidará ao poeta de Cariño, Paulo Maestro, e xuntos presentarán o seu espectáculo de poesía escénica “Volátil”.
“Volátil” é un espectáculo no que se mesturan performance, música e poesía. Neste evento disfrutaredes da conezión entre dous artistas e amigos que viven por e para a arte.
Constance Hurlé e Paulo Maestro trasportaranos e lavarán as vosas conciencias a desfrutar dun intre que, aínda que efímero, perdurará nas vosas memorias.

Data: domingo 31 de xullo
Hora: 21:00
Prezo: 4€