Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

ACTIVIDADES RESIDENCIA LITERARIA

11 Maio | 11:00 a.m. - 15 Xullo | 7:00 p.m.

 CONSTANCE HURLÉ_ZONA C

A Zona C acolle por vez primeira un proxecto de creación literaria, que baixo o título ‘Sem grana e sem frescura’ da autora Constance Hurlé, vén de concorrer á convocatoria de proxectos de intervencións artísticas para a Zona C, na modalidade de proxectos de creación literaria. O último andar deste espazo convértese así no lugar onde realizar o proxecto da escrita nos meses de maio a xullo de 2022. O resultado do traballo de Constance Hurlé será a edición da obra.

ACTIVIDADES

Durante o período de residencia na Zona C, a autora, Constance Hurlé, levará a cabo unha serie de intervencións no espazo co fin de establecer unha ponte entre a literatura e o público.

EXPOSICIÓN

Poderá visitarse unha exposición conformada por imaxes e obxectos relacionadas coa viaxe autobiográfica da que trata a novela en construción.

DATA E HORA:  mércores e xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h (3º andar)

RECITAL

Durante o periodo de residencia desenvolvese un taller de escrita creativa dirixido pola escritora. Os resultado dos traballos desenvolvidos cos participantes terán forma final de recital.

As persoas asistintes ao taller escollerán unha serie de textos e compartirán as súas creacións literarias co público.

DATA e HORA: xoves 22 de xuño de 18.30 a 20.00 h. (3º andar)

Entrada libre até límite de aforo

INTERVENCIÓNS POÉTICAS

Serán convidados dous poetas da escena local compostelana para acompañar á autora nun diálogo lírico onde a palabra se transmite a través da performatividade, o xogo poético e o spoken word.

As persoas convidadas serán Peter Brea e Paulo Maestro, recoñecidos activistas culturais e parte activa do Poetry Slam Compostela.

DATA E HORA: os xoves 16 e 30 de xuño de 18:00 a 19:00 h (3º andar)

Entrada libre até límite de aforo

______

“Durante case oito meses estiven viaxando facendo autostop ao longo de Brasil. Sem grana e sem frescura era unha das miñas frases durante a viaxe, trátase dun refrán brasileiro que quere dicir algo así como “sen cartos e sen miramentos”. Esta obra, por tanto, mostra ese periplo por Brasil, unha viaxe durante a cal atravesei 16 dos 26 estados do país prescindindo dos cartos e as comodidades. O relato toma como punto de partida unha serie de notas e fragmentos que fun escribindo ao longo da viaxe, así como doutros textos escritos por persoas que me acompañaron nalgunha das etapas.

Durante eses meses vivín unha longa serie de aventuras, unhas fermosas e outras moi duras, converténdose a experiencia nunha aprendizaxe indiscutible. Asistín a rituais de culturas indíxenas, coñecín o Santo Daimán, tomei ayawasca, troquei ideia con outros viaxeiros, axudei a unha muller maltratada a abandonar ao seu home, estiven ingresada rozando a morte, fun vítima de acoso, leváronme á comisaría por unha equivocación, bañeime nas fervenzas máis fermosas que viron os meus ollos, aprendín a traballar o fío, a facer fogueiras, a durmir á intemperie e a cagar nun buraco cavado polas miñas propias mans. Agora chegou o momento de transmitir estas experiencias, por iso xorde a necesidade de facer da miña travesía unha novela”.

Detalles

Comezo:
11 Maio | 11:00 a.m.
Remate:
15 Xullo | 7:00 p.m.
Categoría do Evento: