- Este evento ha pasado.
Swingueando os… 33!

SWINGUEANDO OS… 33!
Cada ano, unha amante do swing organiza esta festa para darlle unha volta máis ao sol do xeito que máis lle presta: bailando e escoitando swing con música en directo e rodeada de bailaríns, lindihoppers da nosa comunidade, músicos e calqueira curioso ou curiosa que se queira achegar.
Agasállavos cun concertazo do grupo galego Ghastas Pista swing band e unha pinchada a mans de DJ Patiño, que porá temazos para que a festa non pare.
Ghastas Pista swing band nace para satisfacer unha necesidade imperiosa no eido do swing galego: un grupo onde predomine a comunicación entre intérpretes e bailaríns, é por iso que a formación musical vai guiada por unha bailarina que establece a ponte entre os dous mundos. Alén, é un proxecto que procura a igualdade, e visibiliza a figura das mulleres en espazos masculinizados dentro do mundo do jazz. Á batería temos a Andrea González, no contrabaixo a Yudit Almeida, a guitarra a Wilfried Wilde e ao saxo a Diego Alonso Álvarez.
DJ Patiño é unha das patas fundamentais que sosteñen Swing On, moito máis que unha escola de baile: un proxecto comprometido con xerar unha comunidade diversa e con conciencia.
Constance é unha persoa hiperactiva, bailarina de jazz, productora de Ghastas Pista swing e moitas cousas máis. O seu amor pola música e o baile lévalle inevitablemente a facer do seu aniversario un evento swinguero público.
Haberá outras sorpresiñas que poderás descubrir só se asistes ao evento.
Bailes swing ou non, ven a disfrutar do bó ambiente que caracteriza sempre á comunidade de lindy hoppers e bailarines de swing de Galicia.
Apertura de portas: 20:00
Pinchada Dj Patiño
Colaboran: Swing On Vigo, Sinatra Coctel Bar, Lume de Carozo
Entrada anticipada: 12€ con consumición.
Entrada en taquilla: 15€ con consumición.
Venda de entradas: Swing On School, Little Savoy, e Constance Hurlé (+34 620564187)