Description
ISBN 9788419040114
Editorial: Morgante 07- 2023
Idioma: Galego
25,00€
Sem grana e sem frescura é unha novela de viaxe baseada nun periplo da autora, que atravesou o Brasil de sur a norte ao longo de oito meses facendo autostop. O título é unha frase de difícil tradución que define o xeito no que viaxaba: sen apenas cartos e adaptándose ás situacións precarias, e ás veces incómodas, que iso implicaba.
A historia de Estela chega ao lector a través da visión de Jannick Gutmann, un novelista alemán que a coñecerá no avión de regreso a Europa e que ficará, dende o comezo, fascinado con ela. A viaxe de Estela non é só un itinerario por dezaseis estados do Brasil, senón que é, tamén, un percorrido existencial, no que vive diferentes experiencias transcendentais, algunhas fermosas, outras arrepiantes.
ISBN 9788419040114
Editorial: Morgante 07- 2023
Idioma: Galego
Weight | 580 g |
---|
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
There are no reviews yet.