Texto e interpretación
Espazo sonoro
Foto e vídeo
Agradecementos
David Jácome
Dirección e dramaturxia
Asesoría de movemento
Produción e distribución
Necesidades técnicas
– equipo de son
Para exterior:
– Linóleo 4x4m
– Micro de diadema
Duración
Sinopse
Miña pequena é un espectaćulo de danzateatro para espazo non convencional que adapta o relato Manaus, de Constance Hurlé, gañador do 1º Premio de microrrelatos contra a violencia de xénero do Concello de Ribadavia no ano 2020. Neste explóranse, dende a poesía, a danza e o son, as conexións entre psique, corpo e violencia.
O eixo é a narración dunha violación, cuxa lembranza quedará pechada nos recunchos da memoria da vítima.
A actriz adéntranos nunha íntima confesión onde quedan expostas a crudeza do abuso e a fraxilidade do corpo aldraxado a través da metáfora e a dureza do relato directo, en segunda persoa, dirixido ao agresor. A peza convida á reflexión sobre a cotidianeidade da violencia de xénero e o abuso sexual no ámbito íntimo da parella e como estas violencias deixan unha pegada no corpo, transformándoo e atravesándoo.
En escena vemos á intérprete Constance acompañada pola composición sonora en directo de Diana Longa.
