A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas

ARTES DO MOVEMENTO

 

A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas abraza o espírito inconforme da poeta Xela Arias e recolle o seu impulso de experimentación, para establecer un diálogo poesía, artes vivas e teatro documento. Un roteiro imaxinario, fragmentario e incompleto polo Vigo dos anos oitenta, a través de voces que compartiron xeración con Xela. Unha investigación que escapa do rigorismo histórico e propón un achegamento vivencial á poesía e a memoria colectiva.

María Llanderas

Actriz, performer e creadora escénica, traballa principalmente no eido das artes performativas e do movemento. É titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Teatro Xestual pola ESAD -Galicia e mestra en Artes Performativas pola ESTC de Lisboa. Foi bolseira na Janáček Academy of Music and Performing Arts en Brno (República Checa) e no teatro Ģertrūdes ielas en Riga (Letonia).

Alén de desenvolver os seus propios proxectos, colabora con outras artistas en Riga, Lisboa e Galicia. Nas tempadas 2021 e 2022, traballa para o Centro Dramático Galego, baixo a dirección da compañía Pálido Domingo e Marta Pazos. No 2021 recibe unha Residencia Paraíso para preparar a súa peza ‘A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas’, proxecto arredor da figura e poesía de Xela Arias, estreada en Lugo o .26 de maio de 2023 dentro do ciclo de danza LED.

Creación e interpretación - María Llanderas

Iluminación e escenografía - Violeta Martínez

Vestiario - Raquel Crespo

Fotografía -
Rubén Prieto
Juan Blanco

Asesoramento -
Lucía Hernández
Sabela Ramos

Agradecementos -
Luján de las Llanderas
Ricardo Solveira
Café Literario Plantas de Interior
Colectivo RPM

Duración aproximada - 50 minutos