Hurlé en honra á miña avoa, Mimí Hurlé, para reivindicar esas artistas silenciadas do cotiá que son as mulleres da miña familia materna, mulleres fortes e creativas ás que nunca se lle deu o permiso nin o espazo para expresarse.
Constance Hurlé
CONSTANCE, A ALMA DO PROXECTO

Hiperactiva sen remedio, adícase á expresión das emocións e á crítica social a través da literatura e as artes escénicas.
Para materializar as súas ideas, funda a compañía de artes vivas Constance Hurlé, que virá seguida do nacemento de Hurlé prods., pequena empresa das industrias culturais que non se centra só no traballo da artista, se non que extende as súas ramas para axudar a outras artistas do seu entorno a levar a cabo os propios proxectos.
O seu traballo como creadora, pero tamén como produtora, procura sempre ter un punto de vista crítico, con perspectiva de xénero e conciencia social e medioambiental, intentando que os seus proxectos aporten algo á sociedade, pois pensa que esta é unha das principais responsabilidades dos axentes culturais.
Performer, poeta, bailarina de jazz, directora e dramaturga de artes escénicas, adica todas as súas enerxías á dinamización cultural en Galicia, a través da produción e da distribución, pero tamén a través da organización de eventos e participación activa dentro de diversas iniciativas e festivais de distintas disciplinas, como, por exemplo, as Slam Poetry ou a organización de jams poéticas en Vigo. Organiza, en colaboración con Isolda Comesaña e A Morada Coop. as sesións de experimentación escénica Microescena Lab. Está, ademáis, fortemente implicada coa escena swing galega.

Colaboradores
Hurlé produción e distribución traballa coa colaboración dun conxunto de profesionais de diversas áreas, cubrindo así as necesidades dos distintos proxectos da man de persoas de confianza e alto coñecemento de cada sector.

Marta Villar
Deseño gráfico e web

Sol Álvarez
Realización audiovisual

Diego Alonso
Asesoramento musical

Rui Grenha
Espazo sonoro
Prensa
Zigzag Diario – crtvg
Entrevista – Lara Hierro
Revista DOT Galicia
Entrevista
Revista Erreguete
Artículo – Monólogo para corpo en movemento