Presentación

Ghastas Pista swing project é un proxecto de swing dirixido pola bailarina Constance Hurlé, procurando o diálogo constante entre a música e o baile.

O proxecto conta cunha banda de jazz, chamada Ghastas Pista swing band, cuxos concertos van introducidos por unha aula aberta de lindy hop. Durante a actuación da banda, as profesoras bailarán para o público asistente.

Ghastas Pista nace cos valores da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o cuestionamento dos tradicionais roles de xénero, tanto na música coma no baile. É por iso que a sección rítmica da banda está constituida por dúas mulleres. As dúas bailarinas son mulleres, cuestionando o tradicional home-leader, muller- follower que acostuma imperar nos bailes de sociais e de salón.

Ficha artística

Produtora e bailarina
Constance Hurlé
Bailarina
Andrea Costa
Contrabaixista
Yudit Almeida
Saxofonista
Diego Alonso
Trompetista
Javier Pereiro “GDjazz”
Batería
Ana Sanabria
Guitarrista
Wilfried Wilde
Deseño gráfico
Marta Villar
Foto e vídeo
Diego Bea Besada
Produción audiovisual
Bea Besada Studios
GHASTAS PISTA swing project

teaser

Play Video

Descrición

Ghastas Pista swing project ten dúas vertientes:

Por un lado, somos unha banda de swing cun repertorio pensado para animalas festas e facer que a xente mova os pés a ritmo dun swing clásico.

Por outra banda, contamos co proxecto integral onde o concerto vai acompañado pola presencia de dúas bailarinas que dinamizarán o evento ofrecendo unha aula aberta de iniciación para que o público asistente adquira as ferramentas básicas dos bailes swing, tanto a solo como en parella, e durante o concerto encargaranse de animar ás persoas a bailar.

O evento estrutúrase do seguinte xeito:

  • Ofrecerase un obradoiro aberto de iniciación para achegar o baile ao público. A duración do taller será de 45 minutos.
  • A continuación, haberá unha pinchada de música swing a cargo das profesoras do obradoiro. A duración da pinchada será de aproximadamente 30 minutos.
  • O concerto dividirase en dúas partes de, aproximadamente, 45 minutos, cunha pausa duns 30 minutos, tendo unha duración total de, aproximadamente, 2h. Durante o bolo, as bailarinas ofrecerán unha actuación.
  • Despois do concerto, haberá unha segunda pinchada duns 30 minutos.
  • Se a entidade contratante requerise máis tempo de pinchada ou concerto, o caché verase incrementado.