Constance Hurlé

Hurlé en honra á miña avoa, Mimí Hurlé, para reivindicar esas artistas silenciadas do cotiá que son as mulleres da miña familia materna, mulleres fortes e creativas ás que nunca se lle deu o permiso nin o espazo para expresarse.

A Compañía

Constance Hurlé é unha compañía de artes vivas de carácter multidisciplinar onde o eixo é o diálogo entre a palabra, o corpo e a música.

Xorde ao redor da figura da artista galaico-astur Constance Hurlé, adicta á expresividade, no sentido máis amplo do termo, que comeza a sacar adiante producións propias na sua época universitaria en Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 daralle forma escénica ás súas creacións literarias a base de micro pezas, monólogos ou performances.

Co paso do tempo afianza a súa linguaxe escénica onde tanto a poesía como a música adquirirán cada vez máis importancia, convertíndose en marca diferenciadora desta compañía de artes vivas.

As súas pezas camiñan no filo da performance procurando unha identidade xenuina, fuxindo das categorías tradicionais de teatro, danza ou poesía.

A artista desenvolve tres liñas principais de traballo:

  • A poesía de carácter performativo.
  • Os concertos poéticos: dúo poético-musical con Rui Grenha.
  • Pezas de teatro contemporáneo: na meirande parte, pezas de formato micro e con interacción coa danza.

As principais obras da compañía ata o de agora son:

No derradeiro minuto (micropeza)

Santiago de Compostela (2010)

Nefelococigia (teatro universitario)

Santiago de Compostela (2012)

Traxectoria

Filóloga, escritora, performer e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañía Constance Hurlé. Autora dos poemarios b/i/c/m.o.r.d.i.d.o e Hacia la luz: poesía, sonido, imagen. Forma parte do grupo de improvisación Sinerxias e implícase en proxectos de carácter artístico-social, como a asociación Espazo Corpo.

Licenciada en filoloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada no Máster en Investigación en Estudos do Teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona. No plano teórico participa e asiste a congresos de artes escénicas de forma activa e formou parte do Congreso Internacional para Jóvenes Investigadores de Estudios del Teatro, no ano 2018. Ten unha liña de investigación teórico-práctica que parte da premisa do teatro danza como ferramenta para o autocoñecemento.

Comeza dende moi pequena facendo teatro e pasará ao longo da súa vida por diferentes disciplinas e escolas de artes escénicas e danza, destacando a Escola Integral do Creador Escénico Vladimir Tzekov en Granada e A Artística da man de Olga Cameselle. Formouse de xeito alternativo e asistiu a diversos festivais de danza coma o Herdanza en Santiago de Compostela (2017), ou obradoiros monográficos con persoas tales como Janusz Subicz en Barcelona (2016). Participou na escenificación da peza Dancers de Sonia Gómez, no Festival Corpo a Terra en Ourense (2017), alén de asistir as aulas de danza do festival. Está constantemente formándose en disciplinas do movemento.

Colaborou coma bailarina no videoclip Charleston dos Alley Stompers (2016) así como protragonista no videoclip do “single” Doce Badaladas, do grupo Alêm (2021), ademáis da súa participación como modelo na mostra de fotografía What do you see de Erdie J.(2015).

No plano sociopolítico, maniféstase a través da arte colaborando con diversos proxectos, entre os que destaca o grupo de acción As ghatas salvaxes. É parte activa e dinamizadora do Colectivo Espazo Corpo.

Iníciase no microteatro coa peza dramática El día después (Granada, 2014). O seu primeiro proxecto poético musical é A mazá de Rosalía (Vigo, 2016) có guitarrista David Jácome. Conforma un dúo poético musical con Rui Grenha, con dous concertos presentados ”bic in progre[s]”(Barcelona, 2017), no cal colaborou o contrabaixista Alexandre Touceda; e hacialaluz (Vigo, 2019), coa gravación dun disco do mesmo nome nos que contará coa colaboración de Rubén Fernández (voz), Ricardo Díaz (contrabaixo), Javier Pereiro “Gdjazz” (trompeta) e Xis Trío. A partir destes proxectos performativos publicará os poemarios bicmordido (2017, Ed. Carena) e hacialaluz: poesía, sonido, imagen (2019, Ed. La Fábrica de libros), alén dun fanzine poético autoeditado. Fai literatura coma medio de expresión das emocións e crítica social. Conxuga poesía e escena navegando polos xéneros híbridos. Recentemente foi premiada coa peza Monólogo para corpo en movemento no Festival FIOT (2020), polo seu microrrelato Manaus no concurso de relatos contra a violencia de xénero (Ribadavia, 2020) e polo seu poema caligráfico Bromio no I certame de Caligramas Constanza de Castro (Cospeito, 2021).

Participa en festivais de poesía como o Keruac (2018) ou o Festival Nun Local (2018) con intervencións poéticas, alén de diversos eventos como slams, recitais, jams de improvisación vocal, etc. Forma parte do proxecto Sinerxias: Performance colectiva de improvisación artística. Dirixe e interpreta a obra de teatro contemporáneo Lara Hierro (Rianxo, 2022).

Prensa

Zigzag Diario – crtvg

Entrevista – Lara Hierro

Revista DOT Galicia

Entrevista

Revista Erreguete

Artículo – Monólogo para corpo en movemento